Un bo número de alumnos e algún profesor/a tamén, viñeron en bicicleta ao instituto durante a SEM (Semana Europea da Mobilidade). Nos próximos días recibirán os seus agasallos.

Do 16 ao 22 de setembro conmemoraremos a Semana Europea da Mobilidade. Todos os alumnos/as, profesorado ou persoal de servizos que veña en bici ao centro ao longo desta semana recibirá un agasallo.
Desta forma celebramos o inicio do quinto ano do noso programa de Mobilidade Sostible e Segura, novas ilusións, propostas e aprendizaxes que mellorarán a nosa saúde e coidarán do Medio Ambiente.

Tamén ao longo desta semana iniciaremos o sistema de préstamo de bicicletas e de cascos!
O sábado 14 de xuño tivo lugar a segunda edición da Volta Ciclista en Familia do IES Xograr en colaboración co Club Ciclista DHGTeam local.
Alumnos, familias e profesorado desfrutaron xuntos dun día marabilloso, unidos pola súa afición pola bicicleta. Viaxaron desde Sarria ata a praia fluvial de San Xulián por sendeiros e estradas, onde xantaron, e despois volveron en bicicleta. O grupo contou cun vehículo de apoio en todo momento. A actividade tamén contou coa colaboración de Fontecelta e Queserías Sarrianas. Grazas a todos e ata a próxima!









https://sarriaxa.com/news/o-ies-xograr-afonso-gomez-celebra-a-ii-ruta-cicloturista-en-familia-con-grande-participacion/99371/
https://www.facebook.com/iesxograr/posts/pfbid02xbu4tWsCuHLvqszNprc3ALyN8LwQay7phbQPx5ggvu2xWo8wGVdokzUhzYJN1JKDl?locale=es_ES
O próximo 14 de xuño (sábado), realizaremos unha nova ruta cicloturista aberta a todos os membros da comunidade educativa. Sairemos do instituto as 11:00 h , iremos hacia a Praia Fluvial de A Pobra de sSan Xiao, xantaremos alí e regresaremos. TODO O TEMPO IREMOS ACOMPAÑADOS POR UN COCHE DE APOIO CON REMOLQUE e por membros do club DHGTeam.
Anímate a participar!
Dentro do Club de Ciencia do instituto realizamos o experimento “A bici que xera enerxía” e coa colaboración dos departamentos de Matemáticas, Tecnoloxía, Física e Ed. Física, logramos que unha bicicleta nun rodillo, conectada a un alternador, fixera soar un aparello de música ao pedalear.
Este traballo interdisciplinar fixo as delicias do alumnado. A maiores aprenderon e entenderon o funcionamento do sistema de cambios e a enerxía que podemos xerar con cada pedalada, máis a enerxía que consumimos con determinado tempo de pedaleo. Moi interesante!

Fórmulas para calcular o desenrolo da bici cos cambios https://www.bicio.bike/desarrollo-para-bicicleta/
A fómula para calcular os desenrolos é:
Desenrolo= (Dentes prato/Dentes piñón) X Circunferencia da roda

Tamén aproveitamos para coñecer as distintas partes dunha bici, cada compoñente dunha roda ou do manillar e analizar o sistema de cambios.

Baixo o lema “A Educación Física, unha ferramenta poderosa para a inclusión”, o alumnado e profesorado do C.M. de Atención a Persoas en Situación de Dependencia e o profesorado de Educación Física de Xograr, organizarmos doce áreas de traballo nas que os participantes experimentaron deportes adaptados como; Futman, Boccia, escalada con ollos vendados, tenis de mesa adaptado, voleibol adaptado, atletismo guiado, baloncesto en cadeira de rodas, xadrez adaptado, etc. Tamén houbo zonas experimentais con mobilidade adaptada para persoas con discapacidade visual ou diversos casos de diversidade funcional.
Durante toda a mañá acompañounos Adi Iglesias, a recoñecida velocista paralímpica de Lugo, que estivo na estación de atletismo adaptado e posteriormente deu unha charla moi inspiradora ao alumnado do Xograr.
Un dos obxectivos foi descubrir como a actividade física e o deporte non só melloran a saúde física e mental, senón que tamén son ferramentas poderosas para romper barreiras sociais, promover a igualdade e o respecto á diversidade.




O alumnado de 1º ESO realizou unha actividade de aprendizaxe-servizo do programa “Sen vandalismo” promovido pola Fundación Barrié e desenvolto coa colaboración da Asociación para a Prevención e a Educación Social (APES).
A campaña “Sarria sobre rodas” centrouse na sensibilización sobre o bo uso das bicicletas e dos patíns eléctricos. O alumnado, acompañado da Policía Local, estivo na entrada do C.E.I.P. Frei Luís de Granada e do IES Xograr con cartelería e explicando ao alumnado máis pequeno a cruzar a rúa polo paso de peóns, tamén explicou a normativa aos usuarios de patinetes eléctricos ou bicicletas. Posteriormente, xa na biblioteca do colexio de educación primaria, o noso alumnado fixo unha presentación de Educación Vial, dando a coñecer os sinais de tráfico e recalcando os comportamentos cívicos necesarios para evitar accidentes. Tamén unha serie de xogos e actividades que potenciaban o recoñecemento da normativa básica. Gran traballo!




Por terceiro ano consecutivo o alumnado do centro está a estudar a calidade do aire de Sarria, neste curso ademáis analizando as partículas en suspensión.
A maiores comezamos o estudo da contaminación acústica con distintos sonómetros. Os resultaros daranse a coñecer a poboación de Sarria.
https://www.elprogreso.es/articulo/sarria/alumnos-xograr-afonso-gomez-analizan-sarria-contaminacion-acustica/202503030822381853046.html
https://sarriaxa.com/es/news/comienzan-las-campanas-de-medicion-de-la-contaminacion-acustica-y-atmosferica-en-sarria/91989/
O alumnado de 1º ESO realizará o 12 de marzo unha xornada para provocar a reflexión dos usuarios da vía pública, tanto peatóns coma condutores, e previr accidentes. Farán especial fincapé no uso correcto da bicicleta e do patinete eléctrico tras detectar numerosas infracións nas cercanías da zona escolar.
Tamén asistirán ao CEIP Frei Luis de Granada para dar unha charla ao alumnado e facer diferentes dinámicas coa alumnos/as e achegalos de forma lúdica á normativa vial.
Para a campaña de concienciación contaremos coa colaboración da Policía Local e de mebros do Club Ciclista Local DHGTeam.
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/sarria/2025/02/14/ies-xograr-afonso-gomez-pondra-sarria-sobre-ruedas-concienciara-sobre-uso-patinete-electrico-bicis/00031739550682518856235.htm
https://sarriaxa.com/news/o-alumnado-do-ies-xograr-afonso-gomez-de-sarria-levara-a-cabo-a-actividade-sarria-sobre-rodas/90814/
https://www.elprogreso.es/articulo/sarria/xograr-afonso-gomez-organiza-campana-uso-patinetes-bicis/202502171901391848438.html