Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Maio 2012

O próximo libro sobre o que debateremos  no Club será Rosa Candida  de Auður Ava Ólafsdóttir. A reunión terá lugar o martes, 19 de xuño, no Pórtico ás 21.30 h.

O mozo Arnljótur decide abandonar a súa  casa, o seu irmán  xemelgo autista, o seu pai octoxenario e as paisaxes crepusculares de montañas de lavas cubertas de liquens. A  súa nai acaba de ter un accidente e, ao borde da morte, aínda reúne forzas para chamar o seu fillo e darlle os últimos consellos. Un forte lazo os une: o xardín e o invernadoiro onde ela cultivaba unha estraña variedade de rosa: a rosa candida, de oito pétalos. Nese mesmo invernadoiro onde unha noite, imprevisiblemente, Arnljótur amou a Anna, unha amiga dun amigo….

Auður Ava Ólafsdóttir (1958) é autora de Upphækkuð jörð (Terra levantada),1998, y Rigning í nóvember (Choiva de novembro), 2004, coa que obtivo o Premio de Literatura da cidade de Reykjavik, entre outros. Rosa cándida, a súa terceira novela, recibiu en 2008 o Premio Menningarverðlaun DV de literatura (o xurado destacou o seu logro «ao romper cos moldes tradicionais sen deixar de ocuparse dos conflitos filosóficos básicos»); o Premio Fjöruverðlaun especializado en literatura femenina, por «o atractivo das súas múltiples capas de significado e a súa creación dun novo paradigma masculino», o Prix des Amis du Scribe 2011, o Premio Page des Libraires 2010 e o Premio dos Libreiros de Quebec 2011 a mellor novela estranxeira. Tamén foi Finalista do Premio Fémina Étranger, do Premio de Literatura do Consello Nórdico, do Gran Premio das Lectoras de Elle, do Premio da revista Lire e do Premio FNAC de Francia. Rosa candida ocupou os primeiros postos de máis vendidos no seu país, en Francia e Canadá, e está sendo traducida en varios países.

Read Full Post »

Galegos, meus irmaos,
veño de ter coa morte.
Sen o agardar unha vez máis atopo
o ventureiro empalme coa vida.

Estou na singladura do retorno,
con ollos recuncantes na alborada,
tímpano a se tremer en libres odas,
pernas reencanadas para andar
os camiños resucitados.

Veño da morte, irmaos, e no fardel,
pouco trouxen para vós:
cicatrices de ferro nas palabras

http://clubdelecturaiesdebarro.wordpress.com/2012/04/23/17-de-maio-dia-das-letras-galegas-valentin-paz-andrade/

Read Full Post »

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos