O próximo libro sobre o que debatiremos no Clube será Los desorientados de Amin Maalouf. A reunión terá lugar o martes, 30 de abril, no Pórtico ás 20.00 h.
Esta novela que foi escrita por Amin Maalouf, escritor libanés Premio Príncipe Asturias de las Letras 2010 e membro da Academia francesa, fala s
obre a amizade, a identidade, o exilio e o choque entre culturas .
Unha chamada rompe a monotonía de Adam, un profesor árabe de historia, exiliado en París. Un vello amigo está morrendo e quere velo. Adam regresa á súa terra natal despois de vintecinco anos. Todo segue igual, non pasou o tempo polos lugares onde vivira. Aquel “paraíso perdido” da montaña branca vai asociado ao Círculo dos Bizantinos, o grupo de amigos de xuventude que pretendían cambiar o mundo e foron eles os que terminaron cambiando por unha guerra que os separou. Este cambio produciuse por vías pouco aceptables para Adam, pero ¿quen é el para xulgalos cando viviu un exilio “dourado” mentres eles se viron abocados a unha situación sen elección posible? Os desorientados é a novela máis persoal e emotiva de Amin Maalouf.
A continuación, un vídeo onde fala o autor: