Mostrando entradas con la etiqueta Semana do Libro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Semana do Libro. Mostrar todas las entradas

30 abril 2025

ACTIVIDADES SEMANA DO LIBRO

 Ao longo destas semanas fixemos varias actividades relacionadas co Día do Libro.

Tivemos obradoiros sobre animais fantásticos durante o recreo. Tamén fixemos uns "Tres en raia" e uns marcapáxinas monstruosos.




A xouba Castelao agasallou a cada aula cun libro.



Realizamos "O amigo invisible" entre o profesorado.




Fixemos  "Lecturas ao sol". Esta é a aula de 2º A.



Estreamos a actividade "Patrullas lectoras". Nesta actividade grupos  voluntarios de 5° e 6° irán por varias aulas de infantil contarlles un conto e facer unha pequena actividade.

Aquí podemos ver a Marta e Uxía de 5° A que estiveron cos nenos e nenas de 3 anos. Nesta ocasión contaron " O paraugas de cebra". Ao rematar o conto os nenos tiveron  decoraron o seu paraugas de cebra.

Tamén a Martina e Julia de 5º B que estiveron na aula de 4 anos A contándolles "Polo camiño". Ao rematar os nenos percorreron un labirinto. Os macacos da mona marcharon correndo e a mona tivo que ir buscalos.



Tamén realizamos a actividade de "As familias contan".
Aquí tedes ás familias das aulas de 5 anos.