COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Psammodromus algirus. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Psammodromus algirus. Mostrar todas las entradas

sábado, 3 de agosto de 2013

Lagartixa rabuda en Punxín.

Como este blogue últimamente xa parecen as necrolóxicas (as notas, que dirían no meu pobo), vouvos deixar unhas imaxes un pouco máis agradables á vista. Desta volta unha lagartixa rabuda que puiden fotografar ben cerca nunha área de matogueira próxima á cunca do río Barbantiño.

A lagartixa rabuda (Psammodromus algirus) é un réptil relativamente frecuente na nosa provincia, habitante das bisbarras de certa influenza mediterránea, coma Ourense, Monterrei, A Baixa Limia, O Ribeiro ou a Ribeira Sacra e Valdeorras.

Nas imaxes podedes apreciar unha das características máis propias desta especie, as escamas aquilladas, que forman unha especie de tellado sobre o corpo do animal.




jueves, 10 de marzo de 2011

Entroido herpetolóxico: 2ª parada Ourense, capital herpetolóxica da Galiza.


















"É moito máis sinxelo quedar ben como amante que como marido; por que é moito máis fácil ser oportuno e inxenioso de vez en cando que tódolos días"- Honoré de Balzac (1799-1850)- Novelista francés.

A Depresión Ourensá é sin dúbida algunha un dos puntos quentes da herpetofauna galaica, superado tan só polo Val do Támega, situado tamén na provincia de Ourense. Aproveitando este feito dispuxémonos eu e máis a miña parella, David, a facer un roteiro herpetolóxico na tarde do pasado martes de Entroido, día 8 de marzo de 2011. Para tal fin escollemos unha zona do Norte do concello de Ourense, especialmente rica en herpetofauna.

A pesar de que o calor acaba de comenzar, e até fai pouco estabamos inmersos en intensas xeadas, os bichos deron a talla e puidemos albiscar multitude de rairos, nome ourensán para designar ao sapo corriqueiro (Bufo calamita), lagartiñas dos penedos (Podarcis hispanica), sapiños comadróns (Alytes obstetricans), lagartiñas rabudas (Psammodromus algirus), e un escáncer tridáctilo (Chalcides striatus) tímido, que non se deixou fotografar.

Dende logo é para mín unha novidade topar alguén ca paciencia suficiente de aturarme tamén no campo, algo que valoro especialmente!

martes, 10 de noviembre de 2009

Lagartixa rabuda en Monterrei.




Exemplar de lagartixa rabuda (Psammodromus algirus) localizado no concello de Monterrei o día 4 de outubro de 2009, na compaña de Xosé Ramón Reigada, Anxos, Martiño Cabana, que mañá está de santo...e Rafa Vázquez.

Esta especie atópase moi ben representada en certas bisbarras da provincia, chegando a ser a especie de réptil máis numerosa en determinados hábitats das mesmas, entre elas destacan as bisbarras de Monterrei, Ourense e Valdeorras.

miércoles, 5 de agosto de 2009

Lagartixa rabuda en Barbadás


A largartixa rabuda (Psamodromus algirus) é unha especie de réptil frecuente na provincia, sobretodo é moi común nas bisbarras de clima máis mediterráneo coma Verín ou Ourense, esta foto é do día 4 de agosto de 2009 en Barbadás.

viernes, 13 de marzo de 2009

A lagartixa rabuda outro habitante de Ourense





A lagartixa rabuda (Psammodromus algirus) é outro dos hérpetos que podomos atopar en Ourense, sobre todo naquelas bisbarras que posuen un clima máis mediterráneo, concretamante nas zonas periféricas da cidade de Ourense, pode chegar a ser unha das especies de reptiles máis frecuentes, estas fotografias foron tomadas no vran de 2008 nos concellos de Pereiro de Aguiar, Ourense e San Cibran das Viñas.