Amosando publicacións coa etiqueta Deseños. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Deseños. Amosar todas as publicacións

martes, 17 de febreiro de 2009

Candela Cort: Arte e Moda

O Museo do Traxe en Madrid, dende o pasado día 13 ata o 26 de abril, acolle a exposición “El arte de Volar” de Candela Cort, na que esta recoñecedísima sombrereira auna a súa faceta de deseñadora coa de artista.

A artista ten como modelos a personaxes extraidos dalgunhas das obras máis significativas da pintura clásica, renacentista, barroca, moderna, contemporánea... así vemos "As Majas" de Goya, “As Meninas” de Velázquez, “A muller do Armiño” de Leonardo, un retrato do xaponés Utamaro...

Á hora de crear, Candela Cort afirma: “A veces é o persoeiro o que me leva ao tocado, pero a veces é o material o que me leva ao deseño e este ao persoeiro

Referíndose á exposición declarou “Téñome buscado uns clientes marabillosos, que me permitiron unha liberdade absoluta, nin protestaban nin tiñan que ir a ningunha boda. Sentinme moi libre. Voei e poseime sobre as cabezas que máis me teñen gustado” Só houbo unha clienta que se me resistiu. A Gioconda. Hai algo nela que me perturba”.

Busquei o intercambio de épocas, transformando os meus sombreiros en algo clásico e dando aos retratos un toque moderno

A exposición “El arte de volar”, trátase, en palabras da propia artista, de “voar no tempo e integrar en armonía o Renacemento e o século XXI

Unha exposición moi especial que non deixará a ninguén indiferente.


Crédito das imaxes:
Dolce City
Revista de Arte

Entrada dedicada a Antonio Martínez esperando que disculpe a nosa osadía...

Ah, e se queredes pasar un bo rato cunha destas fermosísimas obras de arte entrade aquí

domingo, 25 de xaneiro de 2009

Colección de Cubertas de Daniel Gil

Vía Brétamas, descubrimos a existencia dunha marabillosa colección de cubertas deseñadas por Daniel Gil para Alianza Editorial e que Álvaro Sobrino, deseñador gráfico, periodista e editor, reuniu durante anos en librerías de vello, mercadiños, etc. e que subiu a Flickr para disfrute de todos os amantes do arte e o deseño.

Nós, o único que aportamos, e grazas a unha das múltiples posibilidades que Flickr nos ofrece, é achegarvos unha presentación con esta magnífica colección de 938 extraordinarias cubertas.

Vós, o que tedes que facer, é sentarvos e disfrutalas.


Created with Admarket's flickrSLiDR.
Agradecer a Álvaro Sobrino a seu magnífico traballo e a súa xenerosidade ao compartilo con todos nós.

venres, 27 de abril de 2007

Arte e artistas no IES de Fene

Pois si, hai moito arte e moitísimos artistas arredor da nosa biblioteca ultimamente. As rapazas e rapaces de 4º de ESO xunto coa súa profe de debuxo, Luísa Parada (deseñadora do carné da biblioteca), están a deseñar os logos da nosa CDU, e teño que dicirvos que están a saír cousas moi boas e divertidas. ¿Que me dicides do cine, e os cómics?
Pois xa veredes o resto, agora mesmo non volos podemos ensinar xa que están no taller

Pero a creación non remata con estes deseños, nin moito menos!!. Deseñaron tamén dous magníficos murais, si, lestes ben, dous murais, que estarán nas paredes exteriores da nosa biblioteca, un deles dentro do instituto, nunha das paredes da zona de exposicións e o outro, o que aquí vedes, no exterior do centro.

¿Tiña eu razón ou non ao afirmar que hai moito arte e moitos artistas ao noso carón? Pois que cunda o exemplo da nosa compañeira e do seu alumnado. Parabéns Luísa !! Tódolos deseños

Related Posts with Thumbnails