venres, 23 de decembro de 2011
Os Nosos Venres Musicais (LVI)
xoves, 1 de decembro de 2011
Que importante é saber Inglés!
luns, 29 de novembro de 2010
Berlanguiano
Remata novembro. Este mes no que nos visitou o papa e se marchou Berlanga. As películas do valenciano teñen un carácter universal do que non se ten falado o suficiente. Recordouse a descrición que facía da España da segunda metade do século XX, pero sen insistir en que os asuntos locais adquiren un carácter universal cando son tratados por un xenio. Por algo existe o adxectivo "berlanguiano".
Tomemos, por exemplo, “Bienvenido, Mister Marshall”. É o retrato dun caso que pode darse aquí ou en América. Aínda que non fai falta ir tan lonxe. Algo diso lles pasou aos que agardaban a Bieito XVI na estrada de Lavacolla. Foi “berlanguiano”.
No caso que nos ocupa poderíamos poñer ao que ten máis sorte que o resto e puido ver de cerca ao papa. Agora non para de ensinarnos as fotos.


Non debería faltar o chufón, esa criatura “superior”, aínda que minta tanto como fala. Seguro que posúe algo único: unha foto do papamóbil no garaxe.

Teríamos ao supercrítico que se fixa nun detalle para renegar da humanidade. En vez de ir a Santiago a ver ao papa, paseou pola rúa do Vilar e quedouse mirando para un escaparate cun sorriso.

Fixádevos no estante superior.

E, para acabar, sempre estará a beata que nos pedirá respecto e nos regalará unha estampiña, que para este blog será unha visita virtual e gratuíta á Basílica de San Pedro.
mércores, 13 de outubro de 2010
A realidade sobredimensionada
Á vista da imaxe do San Froilán que nos envía Primitiva T.V., a especialista en novas tecnoloxías e festas populares deste blog, o da sétima arte non é nada comparado coa que se vai armar no mundo do teatro.
venres, 21 de maio de 2010
xoves, 25 de marzo de 2010
luns, 7 de decembro de 2009
luns, 23 de marzo de 2009
mércores, 22 de outubro de 2008
OHIULARI CLAWN EN RADIO BARULLO !!
Hoxe Radio Barullo, a nosa Radio Escolar, recolle unha pequena mostra das "conclusións" dos II Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia.
Perdoade a mala calidade dos videos, pero aínda así, merece a pena que os disfrutedes.
mércores, 9 de abril de 2008
Uns Encontros para Encontrarnos...(II) Antón Castro e a Risoterapia
Disque a risa fortalece e cohesiona as relacións humanas, se isto é así, despois da sesión con Antón, @s Plambeir@s estaremos máis unid@s que nunca.
Distintas correntes filosóficas promoven dende hai séculos, a importancia da risa para combater todo tipo de males.
Hai máis de 4000 anos, no antigo imperio chinés había uns templos onde as persoas se xuntaban para rir co único fin de equilibrar a súa saúde. Na India tamén atopamos templos sagrados onde se pode practicar a risa. E Sigmund Freud atribuíu ás gargalladas o poder de liberar o organismo de enerxía negativa.
Así que sans, liberados de enerxía negativa e xuntos coma unha piña, a partires de Sanxenxo non haberá quen poida con nós. E para completar tanta ledicia vai a Directora Xeral e nos di que a figura dos responsables das bibliotecas escolares aparecerá recollida no ROC... Ben, vale, deixade de rir, non vaia ser que con tanto exceso vos poñades malos...
E para que non esquezades o encontro con Antón, home fantástico onde os haxa, aquí vos deixo unha pequena mostra do que alí aconteceu.
Veñan risas, risas e máis risas!!!!
Grazas Antón!!!!
Continuará...








