Amosando publicacións coa etiqueta documentais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta documentais. Amosar todas as publicacións

22/02/19

05/02/16

ENCONTRO CO ILUSTRADOR-HISTORIETISTA MIGUEL GALLARDO


Onte á tarde, tivemos a ocasión e a sorte de coincidir co ilustrador e historietista MIGUEL GALLARDO, dentro dos XII Encontros con Escritores organizados polo CEFORE de A Coruña. A Miguel xa lle dedicamos AQUÍ unha entrada anterior co motivo da presentación da súa segunda historieta sobre a súa relación coa súa filla autista María.
Miguel é un dos máis destacados historietistas españois, creador de moitos personaxes e colaborador en moitas revistas de comics. É o creador de Makoki, Pepito Magefesa, o Perro Nick, entre outros...
Na súa conferencia de onte falou da súa obra e da súa labor de concienciación sobre o Autismo. Desta última labor, deixámosvos cos videos que mostran o seu traballo en películas de animación feitos para a Fundación Orange. Podemos así disfrutar das súas ilustacións en movemento.


Video "A VIAXE DE MARÍA", Fundación Orange (Miguel Gallardo):



Video ·ACADEMIA DE ESPECIALISTAS", Fundación Orange (Miguel Gallardo)

08/02/13

"ENTRE MAESTROS": UN DOCUMENTAL SOBRE O QUE PASA CANDO SE INTENTA INNOVAR NA CLASE

Non se para de falar sobre os problemas da educación pero qué pasa cando se fai algo distinto nunha clase? Están os alumnos preparados? E o profesor?
Esta é a premisa de "Entre maestros", un documental a medio camiño entre un reality e o xénero de películas épicas sobre profesores que se estrea hoxe, 8 de febreIro.
A cinta retrata 12 días de clase reais que tiveron lugar no mes de xullo de 2012 en Barcelona. O profesor é Carlos González, un docente e formador con 24 anos de experiencia enseñando matemáticas e física. Os alumnos, 11 rapaces e rapazas de entre 16 e 18 años, non se coñecían entre sí e foron seleccionados nun casting. "Buscamos o máis representativo dunha clase", explica o director e productor do documental Pablo Usón. "O rebelde, o pasota, o simpático..". Pero unha vez establecidos os roles, o profesor fai todo o posible por provocar aos alumnos para que saian de eles mesmos e por "fomentar o seu autocoñecimento". A forma: falando, falando todos moito. Do concepto de que "todos son maestros" e de que todos aprendemos de todos xorde o título do documental. Parece interesante...

Video tráiler do documental "ENTRE MAESTROS":

07/02/13

O FENÓMENO FINLANDÉS: O SISTEMA EDUCATIVO MÁIS ASOMBROSO DO MUNDO


En días de protestas pola posible reforma do sistema educativo... cando a televisión emite reportaxes comparando o noso sistema educativo e o finlandés... Atopamos un documental que nos mostra ese sistema educativo: THE FINLAND PHENOMENON: INSIDE THE MOST SURPRISING SCHOOL SYSTEM (O fenómeno finlandés: o sistema educativo máis asombroso do mundo). Está en inglés con subtítulos en castelán. É interesante para reflexionar se só é cuestión dun sistema educativo ou dunha sociedade completamente diferente... O debate está aberto.

Video O FENÓMENO FINLANDÉS:


14/03/10

O TEMPO DA MEMORIA

O Foro pola Memoria de Galicia é o produtor do documental O tempo da memoria, estreado no CGAI da Coruña o 9 de novembro de 2009, no que se fai unha homenaxe ás vítimas da represión franquista en Galicia.

Como din eles mesmos:
O documental "intenta rescatar a memoria agochada no esquecemento, a memoria enterrada no tempo, a memoria como primeira semente de liberdade, a memoria para acadar a xustiza."

O tempo da memoria é a historia da vida e morte de José Gómez Gayoso e Antonio Seoane Sánchez, detidos en 1948 e procesados xunto a outros comunistas por loitar contra o réxime fascista de Franco. As torturas e castigos que sufriron e as irregularidades dun xuízo perdido de antemán, son un exemplo da brutalidade do terror imposto pola represión franquista en Galicia e en España. Os narradores principais son os seus fillos, exiliados respectivamente en Cuba e B. Aires, aos que acompañan outros interlocutores que reflexionan sobre a guerra civil, a resistencia, a represión franquista e a transición.

Podedes velo premendo sobre a imaxe.

UNHA OPORTUNIDADE PARA COÑECER UN ANACO DA NOSA HISTORIA QUE NON APARECE NOS LIBROS DE TEXTO.

E a continuación tedes outro documental que vos pode servir como introdución ao tema da represión e o terror franquista en Galicia:

01/06/09

VIAXE ÁS ORIXES

Hoxe, 1 de xuño, estréase na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid o documental LA ESPAÑA PREHISTÓRICA, realizado polo profesor J.L. Arsuaga e o director de cine documental da natureza Xabier Trueba. O documental recorre os ecosistemas que foron ocupando as distintas especies da nosa familia dende as selvas africanas, onde viviron os nosos máis remotos predecesores hai seis millóns de anos, ata os nosos días. Así mesmo recóllense os principais fósiles, protagonistas da evolución humana, e os xacementos onde foron atopados, realizando unha parada especial na serra de Atapuerca, un lugar excepcional para visitar todos os que esteades interesados en disciplinas relacionadas coa evolución humana ou por simple curiosidade.
A Fundación Atapuerca, onde poderedes ver interesantísimas exposicións, está situada en Ibeas de Juarros, a só 15 quilómetros de Burgos e moi preto dos xacementos da Serra de Atapuerca, na estrada de Logroño.
OS QUE POIDADES, APROVEITADE AS VACACIÓNS DO VERÁN PARA VIAXAR Á PREHISTORIA.
A CONTINUACIÓN TEDES UNS DOCUMENTAIS PARA QUE VOS FAGADES UNHA IDEA DO QUE HAI EN ATAPUERCA:




20/01/09

XOGANDO CON GAIA?

Na actualidade poucos poñen en dúbida que o cambio climático é a maior ameaza medioambiental á que se enfronta a humanidade. Son xa moitas as chamadas de atención que nos leva feito a Terra para non darnos por enterados.
Mais, ante a imposibilidade de remediar a curto prazo un problema con demasiados custos económicos e políticos, os científicos propoñen intentar paliar o cambio climático cunha serie de experimentos encamiñados a alterar o clima en sentido inverso ao que están a facer as emisións de gases, para conseguir que a temperatura global volva a descender. É o que se coñece como xeoenxeñería. Entre as propostas máis coñecidas está a de fertilizar con partículas de ferro os océanos para estimular o crecemento do fitoplancton ou colocar partículas na atmosfera para que dispersen a radiación solar. Non obstante, os científicos non se poñen de acordo con respecto aos pros e aos contras que conlevan estas propostas.
Por iso, ante as noticias aparecidas estes días nos xornais arredor do PROXECTO LOHAFEX, non podemos menos que preocuparnos ante a posibilidade de que calquera país poida utilizar a xeoenxeñería a nivel global sen ter que pedir permiso ao resto do mundo nin obedecer a tratados internacionais.
Tedes a continuación un vídeo que menciona algunhas noticias científicas interesantes, entre elas a xeoenxeñería.


ETIQUETAS

8-M ApadriñaLector Cosmos DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural Galicia Gastronomía Grego HoraDeLer HªEscritura HªOlimpiadas LIBROS LibrosVivintes MUSE Nobel O CINE O MAR OPINIÓN Odisea P.Cervantes P.Dado PATRIMONIOGALEGO PLAMBE Pasapalabra PlanProxecta RD25Anos RadioNaBiblio Radiofiestra S.C.AntiguaGrecia Samaín XOGOSTRADICIONAIS a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia alfin amor animación arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés física galego graduación guías historia homenaxe humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres museos música nadal narrativa natureza noticias obituario obradoiro ortografía patrimonio paz pioneiros poesía premios presentación publicidade química radio recursos revista roteiros saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes violencia de xénero votacións vídeos xadrez xeografía xogos xornadas xornalismo xubilación Ágora

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER