Amosando publicacións coa etiqueta noticias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta noticias. Amosar todas as publicacións

25/02/21

MARCOS SOUTO BLANCO, ALUMNO-ESCRITOR DO "RAFAEL DIESTE"

 

Queremos hoxe presentar a primeira novela dun dos nosos alumnos.

MARCOS SOUTO BLANCO (1ºBAC-C) ven de publicar a súa primeira novela "MARCA FINAL".

[Unha familia pasa de ter unha vida feliz, a convertirse nun inferno, donde os fillos menores de idade van ter que aprender a sobrevivir, e para iso van ter que robar, matar, enganar, mentir, agredir, escapar da xustiza, pero mais tarde chega o que ninguen esperaba que chegase: a súa salvación, vai chegar o amor, e todo vai dar unha volta que vai cambiar a vida destes tres pequenos que sufriron e foron maltratados polas circunstancias da vida.]

Máis información do libro: "MARCA FINAL"










 

01/10/20

DESPEDIMOS A QUINO, O PAI DE MAFALDA


 



Triste noticia para empezar as publicacións no noso blog neste curso. Pero onte soubemos do pasamento de Quino, Joaquín Salvador Lavado Tejón, humorista gráfico arxentino, pai de famosa Mafalda. O personaxe de Mafalda cumpliu precisamente os 56 anos da súa primeira publicación antonte.

Os contidos de Mafalda adoitan ser máis próximos. Mafalda preocúpase pola política mundial. O humor de Quino é típicamente acedo e cínico e profunda con frecuencia na miseria e o absurdo da condición humana. Outro recurso é a redución ao absurdo de situacións habituais. O enfoque pesimista da realidade non impide que as súas historias estén cheas de tenrura e simpatía polas vítimas da vida.




22/03/20

ACCESO A BIBLIOTECAS PÚBLICAS DURANTE A CUARENTENA

As Bibliotecas Públicas ofrecen a posibilidade de acceso a libros dixitais durante a cuarentena.


- eBIBLIO GALICIA

Para acceder ás bibliotecas da Rede de Bibliotecas de Galicia habilitouse a posibilidade de acceder ao préstamo dos libros en formato electrónico a través dun enlace, dispoñible na páxina web:

- REDE BIBLIOTECAS PÚBLICAS DE GALICIA 

Nesta Rede encontraredes case todos os libros de lectura obrigada da ESO e Bacharelato neste formato (ata dous libros en préstamo durante un período de 21 días).
As claves serán operativas mentres dure o confinamento e ata un mes despois de que finalice. Pasado ese tempo se non queres seguir como socio, eliminaranse automaticamente, non é preciso facer nada para cancelar esta subscrición, basta con non acudir a unha biblioteca a formalizar ese carné.



18/10/17

FERNANDO ARAMBURU, PREMIO NACIONAL DE NARRATIVA 2017


O escritor vasco Fernando Aramburu (San Sebastián, 1959) ven de ser galardoado co Premio Nacional de Narrativa pola súa útlima novela "PATRIA", no que se conta a historia dos anos convulsos do Euskadi polo terrorismo. Co mesmo libro tamén acadou os premios: Nacional da Crítica, o Francisco Umbral como libro do ano e o Premio Euskadi de Literatura, incluso próximamente convertirase nunha serie de televisión.

+ info:
- Sinopsis de "Patria" [quelibroleo.com]

16/10/16

16-O: DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN.


O CLIMA ESTÁ A CAMBIAR. A ALIMENTACIÓN E A AGRICULTURA TAMÉN.


Este é o lema deste Día Mundial da Alimentación que se celebra hoxe, como cada 16 de outubro dende 1979, cando foi instaurado pola Conferencia da Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e Alimentación (FAO) e dende 1981 decidiu centrarse nun tema cada ano. 
AñoCausa
2016El clima está a cambiar. A alimentación e a agricultura tamén
2015“Protección social e agricultura para rachar co ciclo da pobreza rural”
2014Agricultura Familiar: “Alimentar ao mundo, coidar o planeta”
2013Sistemas alimentarios sostibles para a seguridade alimentaria e a nutrición
2012As cooperativas agrícolas alimentan ao mundo
2011Precios dos alimentos: da crise á estabilidade
2010Unidos contra a Fame
2009Conseguir a seguridad alimentaria en época de crise
2008"A Seguridad Alimentaria Mundial: o desafío del cambio climático e da bioenerxía"
2007Dereito á alimentación 
2006Invertir na agricultura para lograr a seguridade alimentaria 
2005Agricultura e diálogo de culturas 
2004A biodiversidade ao servicio da seguridade alimentaria
2003Traballar unidos en prol da Alianza Internacional contra a Fame 
2002A auga: fonte de seguridade alimentaria
2001Combatir a fame para reducir a pobreza
2000Un milenio sen fame 
1999A xuventude contra a fame 
1998A mujer nutre ao mundo 
1997Invertir na seguridade alimentaria 
1996Loita contra a fame e a malnutrición 
1995Alimentos para todos 
1994A auga xerme de vida 
1993A diversidade da natureza: un patrimonio valioso 
1992Alimentación e nutrición
1991A árbore, fonte de vida 
1990Alimentos para o futuro
1989Alimentación e medio ambente
1988A xuventude rural
1987Os pequenos agricultores
1986Os pescadores e as súas comunidades 
1985Pobreza rural
1984A muller na agricultura
1983A seguridade alimentaria
1982A alimentación: dereito prioritario
1981A alimentación: dereito prioritario
A súa finalidade é concienciar ós pobos do mundo sobre o problema alimentario mundial e fortalecer a solidariedade na loita contra a fame, a desnutrición e a pobreza. O Día coincide coa data de fundación da FAO en 1945.
Segundo a FAO, a cifra de famentos no mundo no ano 2008 podía estimarse en case mil millóns de persoas.

O clima está a cambiar. A alimentación e a agricultura tamén

Uno dos maiores problemas relacionados co cambio climático é a seguridade alimentaria. As personas máis pobres do mundo, -moitas das cales son agricultores, pescadores e pastores-, están sendo os máis afectados polas altas temperaturas e o aumento da frecuencia de desastres relacionados co clima.
Ao mesmo tempo, a poboación mundial crece de maneira constante y se espera que chegue a 9 600 millóns de persoas en 2050. Para cubrir unha demanda tan grande, os sistemas agrícolas e alimentarios terán que adaptarse aos efectos adversos do cambio climático y facerse máis resilientes, productivos e sostibles. É a única maneira de que podamos garantizar o benestar dos ecosistemas e da poboación rural e reducir as emisións.
Cultivar alimentos de maneira sostible significa adoptar prácticas que producen máis con menos na mesma superficie da terra e usar os recursos naturais de forma xuiciosa. Significa tamén reducir a perda de alimentos antes da fase do producto final ou venta ao por menor a través dunha serie de iniciativas, que inclúen unha mellor recolección, almacenamento, embalaxe, transporte, infraestructuras e mecanismos de mercado, así como marcos institucionais e legais. Por eso, a nosa mensaxe global para o Día Mundial da Alimentación 2016 é “O clima está a cambiar. A alimentación e a agricultura tamén”.
A mensaxe reflicte o momento crucial no que se produce a celebración, xusto antes da próxima Conferencia sobre o Cambio Climático da ONU, COP 22, do 7 ao 18 de novembro de 2016 en Marrakech, Marrocos.
A FAO fai un chamamento aos países para abordar a alimentación e a agricultura no seus plans de acción climática e invertir máis no desenvolvemento do rural.
Fortalecendo a resilencia dos pequenos agricultores, podemos garantir a seguridade alimentaria dunha poboación do planeta cada vez máis famenta á vez que se reducen as emisións.

Comida acorde co clima [El País]

29/03/16

UNHA PIONEIRA GALEGA: ÁNXELA RUIZ ROBLES E O PRIMEIRO E-BOOK


Benvidos de novo, tras as vacacións. Se onte abríchedes Google encontraríades o doodle que está encima adicado a unha pioneira, leonesa de nacemento, pero que viviu e traballou en Galicia: Ánxela Ruiz Robles, unha mestra, escritora e inventora do que pode considerarse o primeiro ebook ou libro electrónico. Onte foi o 121º aniversario do seu nacemento. Aqui deixámosvos coa súa invención e mais información sobre ela.

28/11/15

NA MORTE DE XOSÉ NEIRA VILAS


«Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre».    [Primeiras liñas de "Memoria dun Neno Labrego"]

Onte á mañá soupemos da morte dun grande das Letras Galegas: Xosé Neira Vilas. Faleceu na súa casa de Gres (Vila de Cruces) aos 87 anos. Xosé era un narrador, ensaísta, periodista, poeta... ainda en activo e con proxectos e coñecido por ter escrito un dos libros esenciais das letras galegas Memorias dun Neno Labrego, a testemuña da vida no rural galego. Libro que foi traducido a moitos idiomas.  Membro da Real Academia Galega, ten recibido moitos premios e galardóns ao longo da súa vida.
DEP, Xosé Neira Vilas.


+ info:

16/11/15

PAZ PARA PARIS E PARA TODO O MUNDO



Tras os ataques terroristas do pasado venres en París, queremos mostrar a nosa total repulsa e condena ante este atroz ataque á vida humana. As nosas sentidas condolencias ás familias das víctimas e aos feridos para unha pronta e completa recuperación. Condolencias extensivas a todas as víctimas do terrorismo en todo o mundo. 


Versión inglesa @ ClickOnEnglish.

28/10/15

O ABECEDARIO MÁIS ANTIGO DO MUNDO



Para a Semana Cultural do curso pasado traballamos moito na procura de información sobre abecedarios, ao tratar o tema da Historia da Escritura. Vimos de atopar unha noticia sobre o descubrimento dun ostracón exipcio (na foto superior) que contén o abecedario máis antigo do mundo, que se coñece ata o momento.
O ostracón é un pedazo de pedra caliza que ten inscrito unha lista de palabras exipcias do século XV a.C. ordenadas polos seus sons iniciais. 
Así que sumamos esta información a toda a que descubrimos para a preparación dese proxecto cultural...

+ info:

IDENTIFICAN O ABECEDARIO MÁIS ANTIGO DO MUNDO NUN OSTRACÓN DE LUXOR

[Ocio y Cultura. Blasting News]

27/10/15

NOVA ACTUALIZACIÓN DO DICIONARIO DA REAL ACADEMIA ESPAÑOLA EN VERSIÓN WEB




Xa temos unha edición actualizada da 23ª versión do Dicionario da Real Academia Española, que se publicou en outubro do ano pasado. Trátase dunha versión actualizada, que xa se pode consultar, eso sí, na páxina web da academia. Conta con novas definicións de palabras como: homoparental, wifi, amigovio. A presentación oficial da versión en línea do dicionario fíxose o pasado día 21 de outubro, apúntase que esta versión en línea renovarase cada 3 meses.

24/03/15

CONDOLENCIAS

En recordo das víctimas do accidente do avión da compañía "Germanwings" GWI 9525 Barcelona-Düsseldorf, 
e moi especialmente, os 14 alumnos e 2 profesores do 
Joseph-König Gymnasium de Haltern an See
que regresaban dun intercambio escolar.
Por tantas veces que o alumnado do noso centro foi de intercambio a Alemania e recibimos alumnado alemán.

12/01/15

A NOVA LEI DE PROPIEDADE INTELECTUAL E A EDUCACIÓN

(Foto: Gizmodo.com)

O pasado 1 de xaneiro entrou en vigor a nova lei de propiedade intelectual que pode afectar o uso que facemos do cinema e de Internet como ferramentas pedagóxicas. 
A mesma consellería ven de enviar unha circular recordando que non se poden proxectar películas completas, despois de anos e cursiños vendendo as virtudes pedagóxicas do uso do cine nas aulas.
Unha segunda consecuencia é a limitación da actividade de reseña e de enlaces no ámbito de internet. Por un lado, considerarase "cita" calquer extracto literal dunha obra publicada de novo noutro sitio, incluído aquelas obras producidas por medios de comunicación. Parece que a publicación de calquer fragmento, por pequeno que sexa, pode dar lugar á compensación equivalente. E aínda está por ver qué se entende por "publicacións periódicas ou sitios da web de actualización periódica e que teñan unha finalidade informativa, de creación de opinión pública ou de entretenemento". Fálase de medios tradicionais con sitios web? Fálase de novos medios? Fálase de blogues, contas en Twitter, Facebook e outras redes sociais?
No ámbito educativo, o uso de películas e de internet, blogues, etc... non se fai cun interés de lucro nin pirateo (normalmente, os centros teñen mercado a súa propia copia orixinal) se non como medios para facilitar a aprendizaxe.

05/12/14

ADEUS Á CALIGRAFÍA? VIVA A MECANOGRAFÍA?



Este curso que adicaremos a nosa Semana Cultural á Historia da Escritura, vimos de saber que Finlandia, o país que ten recoñecida unha ensinanza da máxima calidade, acaba de decidir que para o vindeiro curso deixará de prestar atención a ensinanza de caligrafía, e decir, non dará importancia a escritura á man, se non que pasará a darlle importancia a ensinanza da mecanografía, a escritura por medio dun teclado.
Está pasado de moda a escritura manual? E algo do século pasado? Non ten importancia o saber escribir a man? A nosa propia caligrafía non reflexa a nosa personalidade? Dende que se soubo a noticia a polémica está servida. Dentro da historia da escritura, marcará isto unha nova fase ou época? O fin da escritura manual?

Escribir a man é do século pasado

(Enrique Dans)

Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish.

07/11/14

ACTO CONMEMORATIVO DO 25º ANIVERSARIO DO IES PLURILINGÜE "RAFAEL DIESTE"


Onte á tarde celebramos no veciño Auditorio "Andrés Gaos" do Conservatorio Superior de Música de A Coruña, o acto conmemorativo do noso 25º aniversario como centro educativo. A mesa principal contou xunto co noso director D. L. Fernando López Sal coa presenza do Reitor Magnífico da Universidade de A Coruña D. Xosé Luís Armesto Barbeito e por parte de administración educativa, o noso inspector D. Lisardo López Varela, como podedes ver na foto.

Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish.

06/11/14

IES PLURILINGÜE "RAFAEL DIESTE", 25 ANOS FACENDO FUTURO



A Comunidade Educativa do IES Plurilingüe "RAFAEL DIESTE" está de aniversario. Celebramos o 25 aniversario do noso centro e hoxe, 6 de novembro ás 18:30h no Auditorio Andrés Gaos do Conservatorio Superior de Música celebraremos un acto de conmemoración.

Programa:
- Apertura do acto polo Director do centro D. L. Fernando Gómez Sal.
- Intervención do profesor D. Miguel Mato Fondo: "Rafael Dieste: un nome para un proxecto educativo"
- Actuación musical a cargo de alumnado do centro.
Conferencia do Reitor Magnífico da Universidade de A Coruña, D. Xosé Luís Armesto Barbeito: "o instituto, a universidade e o dereito á educación".
- Peche musical: La Importancia (1933), poema para voz e piano.
Letra: Rafael Dieste.
Soprano: Susana de Lorenzo
Música: Miguel Brotóns.
Piano: Beatriz López-Suevos.

04/10/14

LIBROS PÓSTUMOS

Anúncianse para este outono unha serie de libros póstumos de autores que nos deixaron non fai moito... entre eles:
- Ana María Matute, "Demonios familiares".

- José Saramago, "Alabardas"

01/10/14

1 OUTUBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSONAS DE IDADE



O 14 de decembro de 1990, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas, na súa resolución 45/106, designa o 1 de outubro o Día Internacional das Persoas de Idade.


Na actualidade, case 700 millóns de persoas son maiores de 60 anos. Para 2050, as persoas de 60 anos ou máis serán 2.000 millóns, isto é, máis do 20% da poboación mundial. Con isto en mente, está claro que é necesario prestar maior atención ás necesidades particulares das persoas de idade e os problemas a que se enfrentan moitas delas. Non obstante, é igualmente importante a contribución esencial que a maioría dos homes e as mulleres de idade poden seguir faciendo ao funcionamento da sociedade se se conta coas garantías axeitadas. Os dereitos humáns están na base de todos os esforzos neste sentido.

06/12/13

ADEUS A NELSON MANDELA




"Death is something inevitable. When a man has done what he considers to be his duty to his people and his country, he can rest in peace. I believe I have made that effort and that is, therefore, why I will sleep for the eternity."
["A morte é algo inevitable. Cando un home fixo o que considera que foi o seu deber para a súa xente e o seu país, pode descansar en paz. Creo que fixen ese esforzo e por iso dormirei eternamente"]
NELSON MANDELA

A morte do líder Sudafricano, ainda que esperada, conmocionou ao mundo enteiro. Este símbolo da loita dos dereitos humáns, do consenso e a reconciliación dun país, morreu onte pola noite. Deixamos aquí uns enlaces para que saibades da súa vida exemplar.

Enlaces:
- MORRE NELSON MANDELA AOS 95 ANOS (Cadena Ser)
- A PRENSA MUNDIAL RECORDA A VIDA DE NELSON MANDELA (El País)
- MANDELA: DE LOITADOR ANTIAPARTHEID A PRESDIENTE (Galería de imaxes/El País)
- NELSON MANDELA: A SÚA VIDA NAS SÚAS PALABRAS (En inglés/The Guardian)

Video RTVE: A súa toma de posesión como presidente (1994):
Video "INVICTUS":

Versión en inglés de esta entrada @ ClickOnEnglish.

21/11/13

IMPUNIDADE POLO PRESTIGE



A sentenza, feita pública cando se están a cumprir os 11 anos da catástrofe do Prestige, absolve aos acusados de "delitos mediambientais". Ante o estupor, a memoria, sempre a memoria, porque tamén o dicía de todas as manerias posibles El olvido que seremos...

A memoria en forma de libros:
E outros que aparecen no seguinte enlace.  

Máis enlaces de memoria dende outras blogues de bibliotecas:
- QUE NO NOS QUITEN A MEMORIA
- 11 ANOS DO DESASTRE DO PRESTIGE
- GOAS NEGRAS
En educación, sempre estamos a traballar coas mesmas idades e con distintos alumno e alumnas. É nosa miseria (o mito de Sísife) e a nosa grandeza.

19/11/13

ELENA PONIATOWSKA, PREMIO CERVANTES 2013


A escritora mexicana Elena Poniatowska gaña o premio Cervantes 2013. A periodista é autora de libros como 'Hasta no verte, Jesús mío', 'La piel del cielo' e 'Leonora'. Con 81 anos é a cuarta muller que recibe o premio.

+ información neste enlace do xornal "El País".

ETIQUETAS

8-M ApadriñaLector Cosmos DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural Galicia Gastronomía Grego HoraDeLer HªEscritura HªOlimpiadas LIBROS LibrosVivintes MUSE Nobel O CINE O MAR OPINIÓN Odisea P.Cervantes P.Dado PATRIMONIOGALEGO PLAMBE Pasapalabra PlanProxecta RD25Anos RadioNaBiblio Radiofiestra S.C.AntiguaGrecia Samaín XOGOSTRADICIONAIS a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia alfin amor animación arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés física galego graduación guías historia homenaxe humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres museos música nadal narrativa natureza noticias obituario obradoiro ortografía patrimonio paz pioneiros poesía premios presentación publicidade química radio recursos revista roteiros saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes violencia de xénero votacións vídeos xadrez xeografía xogos xornadas xornalismo xubilación Ágora

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER