Amosando publicacións coa etiqueta FU. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta FU. Amosar todas as publicacións

Achégase o Samaín

Ola a tod@s!!
   O mes de outubro está a piques de rematar e iso significa que o Samaín está próximo. Por iso, practicando a CDU, os nenos e nenas de Primaria buscaron na biblio libros de medo cos que montar unha exposición. Desta maneira van coñecendo algúns que, se cadra, andaban perdidos polos andeis sen que ninguén se acordara deles. Co que lles gustan! Miau!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Parabens!

Ola a tod@s!!
   Hoxe, Día das Escritoras, o Equipo nº7  conseguiu realizar a actividade que tiñamos preparada na biblioteca sen erro ningún. Non se trataba de competición ningunha, claro está, pero son igualmente merecedores de recibir os nosos parabéns. Ben feito! En hora boa! 
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Equipos

Ola a tod@s!!
   Estreamos algúns dos equipos interniveis deste curso 25-26. Gústalles moitísimo realizar actividades xuntos. Nesta ocasión, actividades de FU sobre a autora que amadriña á biblio: Paula Carballeira.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Corazóns de Paz

Ola a tod@s!!
   Hoxe rematamos a actividade da Paz que realizaron os equipos de biblioteca. Vai quedar ben chulo o mural que fagamos con tan fermosos corazóns de paz.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

FU pola paz

Ola a tod@s!!
   Os nosos equipos realizaron unha actividade de formación de usuari@s como primeiro paso para preparar o Día da Paz. Fixérono moi ben. Conseguiron pombiñas para compartir e un cartel para aprender a vivir en paz. Cada día desenvólvense mellor na biblio e gozan moitísimo do traballo en grupo.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Equipos de biblioteca

Ola a tod@s!!
   Non imaxinades o contentos que estamos hoxe  o Rato e máis eu!
   Despois de tanto tempo de non poder facelo, por fin volvemos ter equipos de biblioteca interniveis. A que é fantástico?
   As nenas e os nenos gozaron moito con esta primeira actividade: formación de usuari@s para celebrar o Día das Escritoras.
   Coñeceron algunhas das escritoras galegas, pero colaborando, axudándose, aprendendo con e dos outros, coñecéndose un pouco máis e estreitando vínculos, aprendendo a ser responsables e autónomos...
 
Como para non estar contentos!!!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes