Por fin este ano o veraniño de San Martiño do que estamos a gozar, permitiunos celebrar o Outdoor Classroom Day no mesmo día da convocatoria oficial.
Amosando publicacións coa etiqueta bosque b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta bosque b>. Amosar todas as publicacións
Letras Galegas 2023
Ola a tod@s!!
Por fin! Había no cole moitas ganas de que o Día das Letras Galegas volvera a ser o noso "día grande". E, finalmente, así foi: neste 2023 recuperamos a nosa pequena foliada no bosque.
Había nervios (que o Rato e mais eu ben que nos decatamos) porque, unha vez que se perden as rutinas parece que un non sabe por onde anda, e as profes tiñan un pouco de medo de non ter todo preparado cando chegase o día. Pero non, foi unha xornada estupenda: unha xornada de convivencia coas familias, de alegría, de música, de cultura, de homenaxe aos nosos autores e autoras, con Francisco Fernández del Riego de homenaxeado principal, claro!..
Todo a alumnado bailou a nova canción das Tanxugueiras (Aire) e o alumnado de 6º representeou a obra de Eva Mejuto "As cousas de don Paco" en formato radiofónico. Estivo xenial!
Un gran día!
Grazas, familias!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
bosque,
familias,
Letras Galegas,
radio
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)





