Amosando publicacións coa etiqueta PDI. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PDI. Amosar todas as publicacións

Sonoro empeño

Ola a tod@s!!
Quero contarvos a saída tan interesante que fixeron @s nos@s nen@s o pasado luns. Visitaron a exposición Sonoro empeño na Fundación ABANCA, en Ferrol.
   Trátase dunha iniciativa que explora as conexións entre a música e as artes pláticas, a través da obra de artistas galeg@s como Menchu Lamas, Eva Carrera, Luis Caruncho, Luis Seoane, Elena Gago, Laxeiro, Carlos Maño ou Xaime Quesada, entre outr@s.

 
 Estanme a demostrar que puxeron moito interese na investigación do noso PDI e queren coñecer @s nos@s pintor@s e tamén ser el@s mesm@s artistas. Xa o son, coma podedes ver.

Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Presentación do PDI

Ola a tod@s!!
   Por fin, despois de tanto como traballamos nas primeiras horas da mañá, chegou a hora de ver que é o que quere Mica que fagamos este ano.

 
Quere que sexamos artist@s!!!
Ela, que nos coñece ben, di que xa o somos. Será verdade?
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Despedida

Ola a tod@s!!
Despedimos o presente curso 2016-17 presentando ás familias o PDI deste ano, no que tanto traballamos e co que tanto aprendimos.
Podedes ver canto fixemos na wiki do proxecto que aparece na pestana superior. Aquí vos deixo un exemplo:




Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ola a tod@s!!
Son unha gata feliz!
   Este ano o día das Letras dedicámolo a un dos meus autores favoritos, quen, por certo, tiña un gato co que pasei momentos maravillosos nos máis diversos lugares. Si, Samuel, tal era o nome do gato persa de Carlos Casares. Fíxose popular porque apareceu moitas veces na columna periodística "A marxe" que o seu dono escribía.
   Ademáis a celebración do cole foi especial: no exterior, coma unha gran cerimonia (con alfombra vermella e todo), con música en vivo, co bosque cheo de cor, coas familias e as nosas profes-mamás invitadas, cos vosos estupendos traballos expostos, con flores...
Como non ser unha gata feliz!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Conto colaborativo

Ola a tod@s!!
@s nen@s de Educación Infantil tamén este ano, igual que os anteriores, axudáronme a escribir un conto. 
 Decidiron que tiña que falar das árbores. Como non, co que están a aprender do noso bosque! 
 E fixeron todo a través do meu correo electrónico. Se é que est@s pequerrech@s son nativos dixitais! (Ben, non sei se isto existe, eu penso que teñen que aprender como todo o mundo...)
 Desfrutaron moito e quedoulles ben bonito.

Tedes un exemplar en papel na biblio, xunto cos outros feitos por @s que agora sodes maiores cando estabades en EI: o dos detectives, o dos piratas, o do mar...
 Podedes lelos cando queirades. (Se non os ten collidos o rato gordecho, claro, que é moi aficionado a eles).
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Wangari Maathai

Ola a tod@s!!
   E, xa que o outro día falabamos de que marzo é o mes no que  non deixamos de lado ás mulleres (eu non o fago nunca e vós xa sei que tampouco, pero pasa cada cousa polo mundo adiante...), direi que @s nen@s de 5º e 6º incorporaron ao seu cartafol "Mulleres para lembrar" a Wangari Maathai, "a muller árbore".


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Centenario de Pondal

Ola a tod@s!!
   O 8 de marzo de 1917 morreu na Coruña Eduardo Pondal, o autor do fermoso poema que é a letra do noso himno.
   Con ocasión deste IV Centenario quixemos lembrar de maneira especial a "Os pinos":
 
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

O noso bosque

Ola a tod@s!!
Canta compañía tiven hoxe!!! Ninguén sabía onde estaba eu agochada, pero eu si que vin a tod@s. Quería pedirlles axuda para investigar sobre as árbores que temos no patio do colexio. Penso que han de responder moi ben, igual que fixeron o curso pasado co Proxecto sobre o concello de Fene, no que tanto traballaron.
Dende aquí quero tamén pedir colaboración ás familias. Igual que en anos anteriores, a vosa participación será de gran axuda para o desenvolvemento deste novo proxecto que iniciamos na biblioteca. 

 

Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Wiki-Fene, un Concello ben Interesate

Ola a tod@s!!


Xa sei que non podiades agardar máis, pero por fin está aquí a WIKI do noso proxecto. Este ano traballamos moito, moitísimo, e se alguén ten algunha dúbida, pódeo comprobar botando unha ollada. Pinchade na imaxe e dicídenos que vos parece.



Bo verán a tod@s!!!!

Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes
Ola a tod@s!!
MAReANDO
Iso foi o que andivemos facendo o Rato Gordecho e máis eu durante todo o verán.
Agora xa o sabedes.



Se queredes conseguir cousiñas que trouxemos do fondo do mar xa podedes poñervos a investigar.
Espero os vosos traballos!


Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes