Pola nosa parte faremos un breve resumo para poñervos ao día:
- Adquisicións: Ao final de curso adquirimos algunhas novidades en literatura xuvenil que nos gustaría compartir con vós; dalgunhas xa falaramos aqui como a saga Crepúsculo, a saga de Federico Moccia e dos outros faremos unha entrada en breve, como a triloxía de "Memorias de Idhún" de Laura Gallego ou a que definen como a primeira novela interactiva de misterio, "Skeleton Creek: El diario de Ryan".
- Premios: Neste último mes véñense de entregar o Premio Nobel de Literatura a Mario Vargas Llosa e o Premio Planeta a Eduardo Mendoza.
- Próximas citas: Lembrade que o vindeiro 24 de outubro é o Día das Bibliotecas Escolares, para celebralo teremos unha serie de actos ao longo de toda a semana.
O luns 25 o Clube de Lectura Siareiros convoca a primeira sesión de Tertulia Literaria de este curso que terá lugar na biblio ás 15:00h.
O xoves 28 no recreo terá lugar a primeira sesión do Tamén Len ...con Mara.
Recital de poesía adicado a Miguel Hernández o venres 29 no recreo.
- Novidades: Aínda que xa vos iremos informando puntualmente dos cambios aqui van algunhas primicias para este curso: creación dunha Comiteka e unha videoteca, buzón de suxestións no que esperamos participedes para aportar ideas, críticas, libros que vos gustaría que formaran parte dos nosos fondos,...
E por certo, como xa vos teredes fixado, curso novo deseño novo. A ver se vos gusta!!
